O PP oponse a unha inciativa do BNG para solucionar a situación d@s preferentistas

O PP oponse a unha inciativa do BNG para solucionar a situación d@s preferentistas


Francisco Jorquera instou aos populares a posicionarse, “a carón dos estafados ou dos estafadores”
Francisco Jorquera defende unha reforma legal para reverter a quita das preferentes
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera defendeu hoxe na Comisión e Economía, a través dunha Proposición non de lei, modificar a lei para “eliminar os aspectos lesivos contra os aforradores”, petición que contou co apoio dos grupos do PSdG e AGE e foi rexeitada polo Partido popular.
Jorquera instou ao Goberno galego a asegurar con todos os seus instrumentos ao seu alcance, “a devolución da totalidade dos cartos estafados aos aforradores afectados polas participación preferentes e outros híbridos financeiros”.
O PP oponse a impugnar a lei que estafou aos aforradores
A esta petición, o deputado sumou “impugnar a lei 9/2012 de restruturación e resolución das entidades de crédito aprobadas polo Banco de España e a Comisión europea”
A iniciativa do BNG tamén solicitaba do Goberno galego “poñer a disposición d@s estafad@s toda a cobertura xurídica e política para a presentación de recursos contra o FROB e a vía de arbitraxe para todas aquelas persoas afectadas que o soliciten”.
O Goberno galego debe persoarse no proceso aberto pola Fiscalía e perseguir penalmente aos responsábeis desta estafa.
Volvemos por tanto, dixo, a suscitar a necesidade de dar unha “solución xusta” aos milleiros de estafados, despois de que a Comisión Rectora do FROB aprobara unha quita do 43% aos titulares de participacións preferentes de Novagalicia Banco, 41% ás obrigacións subordinadas perpétuas e 22% ás obrigacións subordinadas con vencemento, “ unha quita, dixo, que non conleva a integración do resto dos cartos porque serán canxeados por bonos das entidades e no proceso de recompra en accións”.
O deputado asegurou que este sistema provocará “unha nova quita aos estafados para recapitalizar a entidade que os estafou” e consuma a “legalización dun roubo” froito da negociación do Memorando de entendemento de Bruxelas na que Rajoy e De Guindos aceptaron que os pequenos aforradores tivesen que asumir unha importante parte das “débedas da banca”.
Jorquera reprobou que os deputados galegos do PP en Madrid votaran favorablemente a esta lei, que a Xunta non a recorrera e por último, que o PP “lavase a cara nesta comisión” votando en contra da quita, actitude que cualificou de “puro xogo de aparencias”.