NOS, a única candidatura galega ao 100%

NOS, a única candidatura galega ao 100%

logo_nosO BNG non se presenta a estas elecións baixo as súas siglas, renunciou a elas e integrouse en NÓS, Candidatura Galega, a única candidatura galega ao 100%, sen ataduras a Madrid.

Somos a candidatura do País. A garantía de que Galiza vai ter voz propia.

NÓS nace despois dun longo proceso social para a construción dunha candidatura galega de unidade que tivese Galiza como único suxeito de referencia e un grupo parlamentario propio como obxectivo. Para NÓS eran premisas irrenunciábeis, de lei, se a fin é que Galiza estea presente onde se toman decisións que tanto nos afectan.

Hai moitas persoas e organizacións (BNG, Coalición Galega, FOG, Partido Galeguista, PCPG) que decidiron sumar forzas en NÓS, que creron que o país merecía altura de miras e volveron estreitar as mans, a se encontrar no mesmo camiño, a sementar de novo ilusión porque, ben o sabemos, é moito o que está en xogo.