Decálogo de ideas para mudarmos O Saviñao

Decálogo de ideas para mudarmos O Saviñao

O seguinte decálogo resume algunhas das prioridades que serán a guía do labor municipal das e dos representantes do BNG-Asembleas Abertas no Saviñao:

—Un

Rebaixar as dedicacións exclusivas a 1.

—Dous

Romper coas políticas de recortes e invertir en servizos sociais públicos e de calidade.

—Tres

Rebaixar as taxas municipais para adaptalas á realidade económica dos veciños e veciñas do Saviñao.

—Catro

Defender política e económicamente os nosos sectores productivos básicos. Gandeiría, agricultura, viticultura, comercio local.

—Cinco

Promover políticas que permitan fixar poboación.

—Seis

Garantir a transparencia e a equidade nas contratacións, subvencións, bolsas de estudos etc realizadas polo Concello.

—Sete

Promover a participación cidadá na toma de decisión con orzamentos participativos, referendos etc

—Oito

Facer políticas trasversais para a mocidade durante 365 día ao ano .O concello deberá impulsar un plan integral da mocidade que estabeleza diagnoses e medidas de actuación nos diferentes ámbitos, o paro, o acceso á vivenda, o transporte, a defensa do ensino público, o lecer, o deporte

—Nove

No contexto actual de estancamento económico, é imprescindíbel unha implicación directa do Concello na recuperación do dinamismo da actividade económica e o emprego.

—Dez

Non recortar o orzamento en cultura, lecer, conservación do patrimonio, deportes, etc. Achegar a todas as parroquias a actividade cultural do concello.