O BNG súmase a convocatoria cidadá para a celebración unitaria do Día da Patria

O BNG súmase a convocatoria cidadá para a celebración unitaria do Día da Patria

cartaz_unitaria_nO BNG sumouse á convocatoria cidadán plasmada no Manifesto pola unidade que convida ás forzas políticas e ao conxunto da cidadanía á celebración unitaria do Día da Patria. Neste sentido, a manifestación do 25 de Xullo estará encabezada, seguindo a proposta desta plataforma cívica, por unha pancarta que portarán representantes do colectivo convocante da mobilización unitaria.

“Queremos partillar ese 25 de Xullo unitario, compartir c@s nacionalistas, -organizados en forzas políticas e non organizados-, que pensen que Galiza merece un apoio de todos e de todas para facer oír a súa voz, que queren ver recoñecidos os seus dereitos nacionais, que aspiran a que Galiza poda gobernarse de forma plena, ter soberanía para decidir sobre as cuestións que afectan á vida da xente deste país”, explicou Vence.“Imos estar detrás desa pancarta que vai encabezada por persoas que non representan a partidos políticos concretos senón ao conxunto do país que, baixo o lema A nación galega, expresará iso: que moita nación galega vai estar detrás desa pancarta reivindicando os nosos dereitos nacionais como pobo”, avanzou o portavoz nacional, Xavier Vence, confirmando o apoio do Bloque a esa convocatoria.

Manter o status de Galiza como nación en pé de igualdade co resto das nacións do mundo, respecto e normalización plena da lingua e cultura propias, dotarnos das ferramentas que permitan darnos un futuro “esperanzador” son, dixo Vence, “desexos compartidos” por moitos galegos e galegas e organizacións políticas. Con todos, o BNG quere compartir ese día “singular” para reivindicar “os nosos dereitos nacionais”.

Desde o BNG do Saviñao queremos convidarte a que participes dos actos do 25 de xullo, haberá un autobus gratuito para acudir á manifestación unitaria así como tamén está organizado un xantar comarcal no recinto do FESTIGAL.

Si queres anotarte ao bus ou ao xantar podes responder a este correo ou chamar ao local comarcal do BNG en horario de 17h a 21h ao tlfn 982 416027.