O BNG do Saviñao vota en contra do orzamento municipal 2016 por continuista e conservador.

O BNG do Saviñao vota en contra do orzamento municipal 2016 por continuista e conservador.

Casa_do_Concello_do_SaviñaoO grupo do PP presentou o súa proposta de orzamento a debate neste pleno ordinario de febreiro donde a portavoz do BNG, Antía Nieves, argumentou que “os orzamentos que se presentan son continuistas e conservadores e ademáis teñen grandes carencias en inversión, melloras dos servizos sociais e reactivación da economía do concello, por esto teñen o voto en contra do BNG.”

En primeiro lugar, a portavoz nacionalista, reprochoulle ao PP que “un goberno  con maioría absoluta non pode traer a debatir os orzamentos ao pleno con dous meses de atraso”.

E despois foi desgranando punto por punto a proposta de orzamento:

Gastos de personal, dos 509.300€ que se presupostan o 22% corresponde ás 3 dedicacións exclusivas dos concelleiros do PP.

Aparecen consignados 695.000€ en partidas denominadas “traballos realizados por outras empresas”, nas que se inclúen os contratos da recollida do lixo, Sogama, o mantemento do alumeado público, o mantemendo do saneamento e abastecemento de auga, a gardería municipal, o mantemento informático etc.

422.000€ vanse en pagar recibos de luz,gasóleo, teléfono, limpezas, etc, e 80.000 son os que están presupostados para cultura, deportes e festas.

En inversións reais, só están presupostados 188.000€, o que corresponde cun 8% do orzamento.

Do presuposto total do concello 2.548.313,83€ o PP prevé gastar 2.292.200€, quedando un superávit de 256.313,83€.

“A existencia de superávit ou remanentes de tesourería non é equivalente a unha boa xestión económica”, os cartos públicos hai que xestionalos para paliar as necesidades dos veciños e as veciñas.

Un concello como O Saviñao, que ten unha poboación moi envellecida e coas pensións máis baixas do estado ten que facer un esforzo inversor maior en servizos sociais, aumentar a asistencia a domicilio, partidas contra a pobreza enerxética, axudas a familias con persoas con alzheimer, etc.

Tampouco hai ninguna partida para a promoción do emprego, para a promoción dos sectores productivos, do comercio local, do turismo…

E despois os 188.000€ previstos para inversión parécennos moi escasos, so hai que ver o estado das pistas municipais para saber que non van chegar a nada.

Tamén falamos de transparencia e participación, da necesidade de abrir as subvencións a todas as asociación do concello e de descentralizar as actividades que realiza o concello para achegalas as parroquias.