O BNG do Saviñao pide máis información antes de autorizar a instalación das antenas en Mondavide.

O BNG do Saviñao pide máis información antes de autorizar a instalación das antenas en Mondavide.

antena_mondavide1 A pasada semana apareceron instaladas unhas antenas no tanque da auga situado no barrio de Mondavide en Escairón, feito que produxo unha gran alarma social entre os veciños e veciñas da contorna.

Todo parece indicar de que se trata dunhas antenas para unha coñecida empresa de telefonía móvil, que ainda que ten unha concesión administrativa non teñen licenza municipal para instalarse.

O BNG do Saviñao, ante a alarma social creada e a desinformación existente solicitoulle ao concello máis información:

-      De que tipo de antena se trata?

-      Que radiación emite? En que frecuencia?

-      Teñen algún tipo de efecto sobre as persoas?

-    Pediuse algún informe a algún especialista para comprobar estos datos?

-      Hai algunha alternativa para colocala nalgún sitio máis alonxado dos veciños e da escola?

O BNG do Saviñao tamén lle pide ao grupo de goberno popular contundencia á hora de retirar ou non autorizar a instalación de ningún tipo de antena que poida producir calquer tipo de efecto sobre a saúde das persoas.