A VECIÑANZA, COS IMPOSTOS QUE PAGA MERECE UNS SERVIZOS DIGNOS

O BNG do Saviñao reclama a dotación de saneamento para a rúa Cima de Vila de Escairón.

cima de vila
cima de vila

 “É tan difícil de crer que vivindo no centro urbano de Escairón, pagando IBI de máis de 800 €, estas casas carezan dun servizo tan básico e esencial en pleno século XXI” declarou a concelleira do BNG Antía Nieves

O BNG do Saviñao reclama a dotación de saneamento para a rúa Cima de Vila de Escairón.

O BNG do Saviñao  levou ao Pleno celebrado o 31 de agosto, o malestar da veciñanza da rúa Cima de Vila de Escairón xa que reclamou a dotación de saneamento para esta céntrica rúa de Escairón.

En Escairón, concretamente na rúa Cima de Vila, preto do entorno da Praza Maior, hai un nutrido grupo de vivendas, algunhas con máis de 20 anos de antigüidade que non dispoñen de saneamento, a pesar de que este chega moi preto das súas casas e a pesar de que as veciñas e veciños levan solicitado en múltiples ocasións.

 “É tan difícil de crer que vivindo no centro urbano de Escairón, pagando IBI de máis de 800 €, estas casas carezan dun servizo tan básico e esencial en pleno século XXI” declarou a concelleira do BNG Antía Nieves

A veciñanza, cos impostos que paga, merece uns servizos dignos, por eso desde o BNG reclamamos unha solución urxente a este problema.

“A día de hoxe, descoñecemos as medidas que pensa adoptar o Concello, pero hai   tecnoloxía dispoñible para solucionar este problema con poucos cartos e de forma rápida” remata de xeito rotundo Antía Nieves.