O BNG PRESENTOU INICIATIVAS NO PARLAMENTO GALEGO PARA QUE SE RESOLVA ESTA SITUACIÓN CANTO ANTES.

O BNG do Saviñao denuncia que hai nenos e nenas que levan máis de 15 meses esperando unha cita para o oculista

Na actualidade, as nenas e nenos do Saviñao tardan máis de 15 meses para que os citen na consulta de oftalmoloxía do Hospital Comarcal”, denuncia a concelleira do BNG Antía Nieves, “carecemos dunha cobertura básica para o desenrolo das nosas fillas e fillos, xa que detectar os problemas de visión canto antes é fundamental nestas idades”

O BNG do Saviñao denuncia que hai nenos e nenas que levan máis de 15 meses esperando unha cita para o oculista

Existe moita preocupación entre a cidadanía pola situación e perspectivas da sanidade pública, tanto do noso concello como da Área Sanitaria á que pertencemos.

Nos últimos anos estamos observando e sufrindo un deterioro dos servizos públicos, incremento das listas de espera, derivación a centros privados concertados, etc.

Todo isto acompañado e, en parte, motivado pola redución de gasto sanitario público e a redución de recursos correspondente.

“Na actualidade, as nenas e nenos do Saviñao tardan máis de 15 meses para que os citen na consulta de oftalmoloxía do Hospital Comarcal”, denuncia a concelleira do BNG Antía Nieves, “carecemos dunha cobertura básica para o desenrolo das nosas fillas e fillos, xa que detectar os problemas de visión canto antes é fundamental nestas idades”

“Desde o BNG do Saviñao cremos que son intolerábeis a falta de medios e de recursos sanitarios que se están a producir, polo que lle demandamos á Consellaría de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde que reforce o servizo de oftalmoloxía do Hospital Comarcal no menor tempo posible, para garantir o dereito a unha atención sanitaria imprescindible para os nosos nenos e nenas do Saviñao”