O SAVIÑAO PASOU DE RECIBIR 107.450 EUROS NO ANO 2016 A 38.685,50 EUROS NO ANO 2017 PORQUE O PP DECIDIU QUITAR OS FONDOS EUROPEOS.

O BNG denuncia que a Xunta recorta nun 64% os fondos para arranxo de pistas no Saviñao.

baches
baches

O Saviñao pasou de recibir 107.450 euros no ano 2016 a 38.685,50 euros no ano 2017 porque o PP decidiu quitar os fondos europeos.

O BNG denuncia que a Xunta recorta nun 64% os fondos para arranxo de pistas no Saviñao.

A concelleira do BNG, Antía Nieves Rodríguez, denunciou no último pleno municipal a redución de fondos que os concellos reciben da Xunta para o mantemento de camiños rurais. Antía Nieves concretou que o concello de O Saviñao pasou de recibir 107.450 euros no ano 2016 a 38.685,50 euros no ano 2017 “porque o PP decidiu quitar os fondos europeos”.

A concelleira do BNG informou que a redución nas axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018 publicadas no DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017, “afectan a todos os concellos do país e no caso de O Saviñao  reduce nun 64 % a cantidade que lle foi asignada o ano pasado”.

Antía Nieves, asegurou que “os fondos da Xunta deste ano non chegan para asfaltar nin 3 km de pistas”.  

 “Estamos vendo como o partido popular castiga ás galegas e aos galegos recortando a financiación aos concellos e esto repercute claramente nunha merma de servizos” dixo a voceira do BNG no Saviñao

Eliminación dos Fondos Europeos

O Goberno do PP na Xunta eliminou a partida de FEADER que se incluía habitualmente nesta liña de axudas aos concellos. Os fondos FEADER e a aportación do Estado, a través do MAGRAMA, supuxeron no ano 2016 o 82,5 % do finanzamento deste programa mentres que a Xunta aportaba un 17,5 %. Para os anos 2017 e 2018 o goberno de Núñez Feijoo decidiu eliminar as partidas económicas procedentes do Estado e de Europa para que a Xunta de Galiza asuma en solitario a finanzamento. Para o BNG “trátase dunha nefasta decisión do partido popular que está castigando a todos os concellos galegos pola súa incapacidade á hora de xestionar os fondos que Galiza recibe doutras instancias”.