O abandono do Parque Infantil do entorno da Debesa

O abandono do Parque Infantil do entorno da Debesa

O estado actual do parque infantil do entorno da Debesa e da Casa do Concello dista moito do que esixe a normativa a respecto destes Parques.

A normativa esixe que o Concello ten que facer unha supervisión e un mantemento destes parques periódicamente polo que chama a atención o estado actual do parque.

A limpeza do mesmo é inexistente, xa que a zona do acolchado está chea de area e malas herbas do entorno.

Os columpios están a punto de desmontarse co conseguinte perigo para os nenos e nenas usuarios do parque, e ademais a area do entorno está chea de cristais.Desde o BNG esiximos que se faga unha revisión polo miúdo do parque, e que se garantice o mantemento e a limpeza periódica do mesmo.